La ruta de A Corga da Fecha, más accesible
(27.12.2022) O roteiro da Corga da Fecha, máis accesible.
- Un tramo do sendeiro cara a Corga da Fecha adaptarase para facelo máis accesible a persoas con diversidade funcional e que así podan gozar da beleza deste singular paraxe do Xurés,
A intervención, prevista para o próximo ano pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia , consistirá en realizar 'as modificacións necesarias para converter o sendeiro existente nun itinerario accesible que garanta o uso e a circulación non discriminatoria, de forma autónoma e nas mellores condicións de comodidade e seguridade posibles'.
- Na imaxe, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a nosa alcaldesa, Mari Carmen Yáñez, no encontro que tiveron hai uns meses para abordar os proxectos de mellora dos equipamentos e a conservación do patrimonio.