Nesta sección iremos mostrando tódalas NOTICIAS CULTURAIS que teñan lugar no Concello de Lobios.

 


Co motivo do día INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o CIM organiza a proxección da película “TE DOY MIS OJOS” de Iciar Bollaín

Data: Venres 25 de novembro

Lugar: Área recreativa de “O Corgo”- Muiños

Horario: Ás 5 da tarde

TE DOY MIS OJOS – “Douche o meus ollos”

 

9 NOMINACIÓNS. 7 GOYAS. Mellor película / director / actor / actriz / actriz de reparto / actriz revelación / guión orixinal / montaxe / son



Dirección: Icíar Bollaín
Ano: 2003
País: España
xénero: Drama
Duración: 105 minutos
Título orixinal: “Te doy mis ojos”
Estreo: 10 de Outubro de 2003
Interpretación: Laia Marull (Pilar), Luis Tosar (Antonio), Candela Peña (Ana), Rosa María Sardà (Aurora), Kity Manver (Rosa), Sergi Calleja (Terapeuta), Dave Mooney (John), Nicolás Fernández Luna (Juan), Elisabet Gelabert (Lola), Chus Gutiérrez (Raquel), Elena Irureta (Carmen)
Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna
Fotografía: Carles Gusi
Música: Alberto Iglesias
Montaxe: Ángel Hernández Zoido
Producción: Santiago García de Leániz
Dirección artística: Víctor Molero
Vestiario: Estíbaliz Markiegi

SINOPSE

Unha noite de inverno, Pilar escapa  da súa  casa co seu fillo. Quere escapar das malleiras e vexacións do seu marido. Este sae en busca da muller que «lle deu os seus ollos». Atópaa e  logra convence-la para que lle perdoe e volva con el. En troques, acepta someterse a unha terapia especial para maltratadores.

INFORMACIÓN:

-Concello de Muíños → Casa da Cultura- Mugueimes. Teléfono: 988-45-77-05
e-mail:
cim.muinos@hotmail.com

-Concello de Lobios → Noelia Araújo(TLE).Estrada de Portugal, 27-Teléfono: 988-44-80-00 Fax: 988-44-80-14.e-mail: noelia.araujo.lobios@eidolocal.es
Información desta e doutras novas en : www.lobios.org (datos do Concello) e en http://www.sempregrou.com(foro)
 

Colaboran:

Xunta de Galicia : - Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

                               - Servizo Galego de Igualdade

Unión Europea: - Fondo Social Europeo

Concello de Muiños


ENTROIDO 2005

Martes día 8 de Febreiro a partir das 16:30 horas.

Desfile de carrozas, comparsas e entroidos individuais dende o Cuartel da Garda Civil ata a Praza Roxa.

A partir das 17:30 horas Concurso de Disfraces na Praza Roxa , nas distintas modalidades:

A- INDIVIDUAIS INFANTÍS (ATA OS 12 ANOS)

B- INDIVIDUAIS XUVENIS E SENIORS.

C-GRUPOS E COMPARSAS (MÍNIMO CATRO COMPOÑENTES).

D-MELLOR CARROZA (MÍNIMO SEIS COMPOÑENTES).

PREMIOS

INDIVIDUAIS INFANTIS (DUAS CATEGORIAS)

DE  0 A 6 ANOS                                                           DE 7 A 12 ANOS

1º CLASIFICADO- REGALO                                1º CLASIFICADO-40 EUROS

2º CLASIFICADO- REGALO                                2º CLASIFICADO-25 EUROS

3º CLASIFICADO- REGALO                                3º CLASIFICADO-15 EUROS

INDIVIDUAIS XUVENIS E SENIORS.

1º CLASIFICADO: 60 EUROS

2º CLASIFICADO: 40 EUROS

3º CLASIFICAD:30 EUROS

NOTA: aqueles disfraces que necesiten dúas ou tres persoas para facer un conxunto tamén se incluirán nos individuais (por exemplo zipi e zape)

 GRUPOS E COMPARSAS

1º CLASIFICADO-100 EUROS

2º CLASIFICADO-80 EUROS

3º CLASIFICADO- 60 EUROS

 MELLOR CARROZA.

1º CLASIFICADO: 120 EUROS

2º CLASIFICADO: 80 EUROS

Valorarase o traballo realizado e a temática orixinal da carroza.

 Nota:cada carroza só  por participar, e que leve o menos seis compoñentes, terá un  premio de 40 euros. Os concursantes que participen en individuais, non poderán participar en grupos, pero si poden ir nunha carroza, do mesmo xeito os concursantes de grupos non poden participar en individuais.

 ORGANIZA E PATROCINA: Concello de Lobios- Concellería de Cultura


EXCURSIÓN
Á EXPOSICIÓN UNIVERSAL DINOSAUROS

GOBISSAUROS:

O Concello de Lobios coa colaboración do CEIP do Xurés e da Asociación de Pais, organiza para o próximo día 20 de Xaneiro, xoves, a visita a Exposición Universal de Dinosauros, para tódolos nenos que cursen no Colexio Público de Lobios.

Dita exposición itinerante e considerada a maior exposición desta temática en Europa.

Pretendemos que os nenos do concello coñezan a era na que os dinosauros poboaban a Terra, dende un enfoque científico, educativo e lúdico.


CABALGATA DE REIS 2005

O PRÓXIMO DÍA 5 DE XANEIRO AS 17:00 HORAS DA TARDE CELEBRARASE A TRADICIONAL CABALGATA DE REIS. A SAÍDA SERÁ DENDE O CUARTEL DA GARDA CIVIL E PERCORRERA AS PRINCIPAIS RÚAS DO CONCELLO ATA CHEGAR O PAVILLÓN DE DEPORTES, NO CAL PROCEDERASE A ENTREGA DE AGASALLOS PARA TODOS OS NENOS POR PARTE DAS SÚAS ALTEZAS OS REIS MAGOS DE ORIENTE.

TAMÉN SE LEVARÁ A CABO A ENTREGA DE PREMIOS OS GAÑADORES E A  TÓDOLOS PARTICIPANTES NO CONCURSO DE CONTOS E DEBUXOS DE NADAL.

OS ASISTENTES PODERÁN DISFRUTAR DO BELÉN VIVENTE E DA ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS E DA BANDA DE MÚSICA DO CONCELLO DE LOBIOS QUE AMENIZARÁN A CABALGATA.

 ORGANIZA: CONCELLO DE LOBIOS CONCELLERÍA DE CULTURA

COLABORAN: PROTECCIÓN CIVIL

                           BANDA DE GAITAS

                           BANDA DE MÚSICA

                           A XUVENTUDE DO CONCELLO


CONCELLO DE LOBIOS E O NADAL 2004

Dentro das actividades programadas pola Animadora Sociocultural de este Concello (Maricarmen), o grupo de nenos que todalas tardes fai actividades na Biblioteca Municipal, decorou as figuras do Belén que se atopa exposto na primeira planta da Casa do Concelo.

Damolas gracias a tódolos nenos que participaron na elaboración do Belén :

David, Pablo, Chisco, Vanesa, Álvaro,Roberto,Iago, Claudia, Mónica,Bruno e Ana.

 E en especial agradecemos a colaboración de Rosa Ramos pola súa paciencia á hora de ensinarnos e aguantar a nosa falla de experiencia, sen a súa axuda non obteríamos estes resultados.

Agardamos que sexa do agrado de tódalas persoas que o visiten.

                             Bo Nadal

A animadora sociocultural


PAZOLANDIA  2004/2005

 TÓDOLOS  NENOS, DISTE CONCELLO, ESTADES CONVIDADOS PARA ASISTIR A PAZOLANDIA, NO PAZO DOS DEPORTES “PAZO PAZ” EN OURENSE, DE ACORDO CO SEGUINTE PROGRAMA:

DÍA: 28 DE DECEMBRO DO 2004

HORA DE SAÍDA : 9,15 H DIANTE DA CASA DO CONCELLO

REGRESO: 16:00 HORAS APROXIMADAMENTE.

VIAXE Y ENTRADA : A CARGO DO CONCELLO

FECHA LÍMITE PARA COMUNICAR A ASISTENCIA E ENTREGA DE AUTORIZACIÓN: 24 DE DECEMBRO DO 2004. HORARIO DE ENTREGA DE 9:00 A 14:00 HORAS NAS OFICINAS DO CONCELLO OU NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE 16:30 A 19:30 HORAS. O MODELO DE AUTORIZACIÓN PÓDESE RECOLLER NO CONCELLO OU NA BIBLIOTECA.

NOTA:TÓDOLOS NENOS DEBEN DE LEVAR BOLSA DE COMIDA XA QUE O FINALIZAR A SESIÓN HABERÁ UNHA HORA PARA COMER.

OS NENOS MENORES DE 6 ANOS DEBEN IR ACOMPAÑADOS POR UN ADULTO.

ORGANIZA: CONCELLERÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE LOBIOS.

COLABORA: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

 


CENTRO MULTIUSOS LOBIOS
DÍA: 6 DE DECEMBRO ÁS 17:00 HORAS ORGANIZA: CONCELLO DE LOBIOS  (CONCELLERÍA CULTURA).COLABORA: CONSELLERÍA DE CULTURA   ENTRADA GRATUÍTA

DURACIÓN : 50 min. aprox.
ACTORES : Jouse García e Lois Soaxe.
SINOPSE : El Ciego Saturio y su
ayudante Cirilo se ganan la vida contando y cantando Coplas que relatan sucesos truculentos.
Hartos de estos temas sueñan que visitan a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez para que les escriban coplas más “cultas”. Esta es la historia de su sueño.


 

© Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2003.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600.