ARQUITECTURA POPULAR.


As vivendas tradicionais, parecen ofrecer unha evolución arquitectónica que se inicia coas casas de planta baixa e un único recinto interior. Dentro delas convivían persoas e gando, separados por un valo de madeira, que posteriormente se sustituiu por unha parede de pedra.


  Praza rodeada de casas de pedra. Torneiros de Riocaldo. Concello de Lobios. Vista de Torneiros de Riocaldo. Concello de Lobios. Casa de pedra co típico corredor de madeira. A Vila. Concello de Lobios.
 


Un modelo mais evolucionado constitueno as casas de duas plantas. A baixa albergaría as cortes e a outra estaba compartimentada en cuartos, e accedíase a ela por medio de unha escaleira de pedra.

 
   Casa de pedra con escaleira exterior en pedra. A Lama - Grou. Concello de Lobios. Casa de pedra con escaleira exterior en pedra. Puxedo. Concello de Lobios. Casas de pedra na Cela. Concello de Lobios.
 


Outras vivendas semellantes a esas incluen unha solaina, corredor exterior orientado cara ó oriente. Finalmente, as vivendas de duas plantas compartimentadas en diversas dependencias e cun balcón exterior de dimensións que alcanzan a totalidade da fachada.


 Casa de pedra con balcón de madeira en Grou. Concello de Lobios. Casa de pedra coa típica galería de madeira. Vilameá. Concello de Lobios. Casa de pedra coa típica galería de madeira. Grou. Concello de Lobios. Reloxio de sol no muro do patio de unha casa de Grou. Concello de Lobios.
 


Distintas destas son as casas de linaxe ou pazos, vivendas de avolengo que actuaron no pasado como auténticas unidades de explotación agrícola, dirixidas e organizadas por grandes familias de propietarios e terratenentes. 


Casa do Curro situada en Pazos. Concello de Lobios. Pazo de Lobios situado en Pazos. Concello de Lobios. Casa da Quinta. San Martiño de Arauxo. Concello de Lobios.
 


Con fins agrícolas, ou como complementarias ás propias vivendas, existen dependencias típicas como os canastros (hórreos), palleiros, bodegas, fornos, muiños, palomares, etc ...


Palomar en Grou. Concello de Lobios. Típica mina - bodega, en Fondevila - Lobios. Concello de Lobios. Muiño en Zapateiros. Concello de Lobios.
 


Conxunto de canastros en Zapateiros. Concello de Lobios. Eira, canastro e forno de Fondevila. Concello de Lobios. Palleiros ou cortes con tellado de colmo (palla de centeo) en Guende. Concello de Lobios.
 

© Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2006.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600.