A Banda de Música de Lobios foi fundada polo ano 1879,  aproximadamente, sendo director DON JULIO SALINAS, con moito esforzo e con falta de recursos económicos chegouse a formar un grupo de ata 12 músicos.

 Polo ano 1890 xa estaba constituido un grupo de 19 membros, dos cales 1/3 tocaba de ouvido.

Durante os anos 1935-1938,  desfaise a Banda debido á Guerra Civil española.


Banda de Lobios. Ano 1974.
 


No ano 1938, faise cargo DON MARCIAL ÁLVAREZ ÁLVAREZ, formando una Banda composta por 19 músicos, os cales actuaban máis na “raia” portuguesa, que na propia localidade.

Durante as décadas dos anos 50,60 e 70 faise cargo DON FRANCISCO SILVA.

Pouco despois, fusiónanse as dúas Bandas existentes no Concello, a de GROU e a de LOBIOS, que durou aproximadamente 10 anos, diluíndose no ano 1980.

No ano 1982, faise cargo da dirección DON BENITO ÁLVAREZ ÁLVAREZ veciño de este término municipal, despois de 3 anos contratase un director foráneo, DON GUMERSINDO LAMAS, ata o ano 1991.


Banda de Lobios. Ano 2001.
 


Durante o ano 1992 levase a cabo unha ESCOLA DE MÚSICA, para xente xoven, dando principio a unha era brillante para la Banda de Lobios, subvencionándose as actividades musicais polo Concello de Lobios, presidido por aquel entón por  DON ANTONIO FERREIRA LÓPEZ, contratándose a un xoven músico profesional ANSELMO IGLESIAS, que debido a unha enfermidade, deixou o cargo.

A dirección da Banda, despois de deixalo o seu antecesor, estivo a cargo, por primeira vez, de unha muller,  NATIVIDAD FEIJOO GONZÁLEZ, natural de Celanova, coa carreira de oboe, que desempeñou durante dez anos.

Dende o mes de novembro do 2005, faise cargo da dirección da Banda e da escola de música, JOSÉ MANUEL VEGA REAL, de 27 anos de idade, especialista en trompeta, profesor do Conservatorio Superior de A Coruña e de Carballiño.

As actividades musicais da Banda de Música, na actualidade, levana a recorrer, sobre todo nos meses de verán, pobos de toda a provincia de Ourense e Norte de Portugal, destacando que desde fai 4 anos a Banda actúa nas Procesións de Semana Santa na cidade de Zamora.


Dende o 1 de decembro do 2007 o Director da Banda de Música de Lobios é D. JAVIER OLIVEIRA BLANCO, diplomado na especialidade de Bombardino, quen anteriormente desempeñou o cargo de Subdirector da Banda de Música "La Lira" de Ribadavia.

Para calquer información ou para contratar actuacións da Banda de Música póñanse en contacto con Manolo  + 34 649 42 28 59. Dispoñen de páxina web propia na dirección http://www.bandadelobios.es.tl

© Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2006.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600.