|
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE LOBIOS
|
|
O Concello de Lobios conta con unha Biblioteca Pública Municipal
situada no edificio anexo á Casa do Concello, ten unha superficie
aproximada de 132 metros cadrados en unha sola planta. Tras unha
reforma levada a cabo hai un par de anos, conta con sala de lectura,
sala infantil, sala de proxeccións e sala de préstamo.
Dispón de acceso para minusválidos. O número de
volumes é de 4397. É unha cifra aproximada xa que está en constante
aumento. Estamos en proceso de informatización da Biblioteca, para
elo, o Concello inverteu na compra de un ordenador que forma parte da rede informática municipal e en
el
estase a crear a base de datos dos volumes existentes.
|
|
|

|
Os medios audiovisuais cos que conta a Biblioteca
son: un televisor, un DVD, un video, un Laser Disc.
|
|
|

|
O día 19 de xuño de 2003, asinouse por parte do Alcalde D. Benito Vázquez
e o Excmo. Sr. D. Jesús Pérez Varela (Conselleiro de Cultura Comunicación
Social e Turismo, un convenio de colaboración entre a Consellería de
Cultura Comunicación Social e Turismo e o Concello de Lobios, co obxecto da
execución do programa de "INTERNET NAS BIBLIOTECAS DE GALICIA". Os
obxectivos do convenio son:
- Incorporación das Bibliotecas Galegas á Sociedade da
Información, e conseguir que sexan o primeiro punto de referencia cultural
e de acceso á información, reducindo as diferencias tecnolóxicas
existentes entre o ámbito rural e o urbano.
- Dar un catálogo colectivo das bibliotecas públicas
municipais galegas xa que contarase con unha estructura informática
centralizada e aplicacións multimedia de xestión bibliotecaria en rede.
A finalidade principal é a de dar acceso de banda ancha (ADSL) a internet,
e de forma gratuíta a toda a poboación. Dado que na comarca da Baixa Limia
aínda non temos acceso a liñas ADSL convencionais, a Xunta de Galicia
financiou a instalación de unha ADSL vía satélite, captada a través do
satélite español, Hispasat. Deste xeito, aínda que estamos en unha
esquiniña de Galicia, contamos con medios técnicos tan avanzados como
calquera das grandes cidades, cos que poder dar acceso á rede (internet)
e de forma gratuíta a toda a poboación. Para elo, a Biblioteca contará con
dous terminais ou equipos informáticos destinados exclusivamente a este
fin.
|
|

|
|

|
|

|
Dende aquí, animamos a todos a que, se
aínda non o tes, fagades o carné da Biblioteca, e participedes nas
actividades que, organizadas pola Biblioteca Municipal, fagan,
ou axuden a crear en todos o hábito á lectura.
|