|
No Salón de Plenos da Casa do Concello é donde se
reúne a Corporación Municipal para debatir e votar
todolos temas relativos a Lobios e os seus cidadáns.
As sesións poden ser ordinarias, extraordinarias
ou extraordinarias urxentes.
Sesións Ordinarias:
Son convocadas polo Alcalde. O Pleno celebrará sesión
ordinaria o último venres do mes de Febreiro, Abril,
Xuño, Agosto, Outubro e Decembro ás 21,00 horas no verán
e ás 18,30 horas no inverno, podendo o Alcalde por propia iniciativa
ou a instancia dos portavoces dos grupos políticos, por
causa xustificada, adiantar ditas datas e horas, retrasalas, incluso
no suposto en que o novo día fixado non estivera comprendido
no mes correspondente a aquél, así como suspendelas.
Sesións Extraordinarias:
Son convocadas polo Alcalde a iniciativa propia ou a petición
de polo menos a cuarta parte dos concelleiros.
Extraordinarias Urxentes:
Son convocadas polo Alcalde pero deben ser ratificadas polo Pleno.
Comisión de Goberno:
Presidida polo Alcalde e con tres membros do Grupo do Partido
Popular.
Comisións Informativas de Facenda e Contas, Obras e Urbanismo,
Cultura e Deportes:
Presididas polo Alcalde, formadas por dous membros do P.P.,
un do PSOE, e un do BNG.
|