Ten unha extensión de 168,77 km2 e 2.589 habitantes
(poboación de dereito a 15 de outubro de 2003), que
se distribuie en 10 parroquias (ver páxina correspondente).
Por Lobios discuurre o último tramo do río
Limia, antes de adentrarse en Portugal, entre a Serra do
Leboreiro e os Montes do Quinxo, ó noroeste e as
Serras do Xurés e Santa Eufemia ó sur. Unha
sucesión de vales estreitos, con vertentes de fortes
pendentes, talladas polos ríos Caldo, Lobios, Vilameá
e Cabaleiro (coñecido como "Macaco" entre
as xentes do lugar), que dende o Xurés baixan ó
Limia, confiren o actual relieve.
A rede fluvial organízase entorno ó rio Limia,
principal arteria, á que verten os rios Caldo, Lobios,
Salas e onde se localiza o encoro de Lindoso.
O Clima caracterízase pola abundancia de precipitacións
total anual (sobre 2.000 mm), rexistrándose as máximas
en decembro, xaneiro e febreiro e descendendo a partir de
xuño.
En canto ás temperaturas, a media dos meses mais
frios, situase a volta dos 5 ºC, mentras que a do mes
mais cálido é de 18 ºC. As xiadas son
frecuentes nos meses de febreiro a marzo.
O mais destacable da comarca, é que
por Decreto 29/1993 do 11 de febreiro foi declarado Parque
Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, unha superficie
de 20.920 hectáreas, pola sua grande importancia
natural, orográfica, paisaxística, etnográfica
e arqueolóxica de esta zona.
|
 |
A
forma paisaxística que define o parque son os
"Bolos", sedimentos graníticos da forma
de erosión glaciar. O parque abarca as zonas
mais altas dos Concellos de Entrimo, Lobios e Muiños,
donde se conxugan serras agrestes con outras mais suaves,
ademais de montes baixos que volven dar paso a formacións
rochosas espectaculares como a Serra do Xurés
(Picos de Fontefría), dentro do término
municipal de Lobios.
A zona atopase situada nunha serie de macizos graníticos
e migmáticos, das eras Hercínica e Prehercínica,
que dominan de forma moi complexa toda a xeografía
da Comunidade Galega.
|
|
Petrográficamente observase unha total homoxeneidade,
con rochas de tipo ígneo - ácido, diferenciándose
grano dioritas intrusivas de grande importancia rexional,
con diferentes tamaños de grano, que influien cas suas
texturas na xeomorfoloxía da zona.
Así, a Serra de Santa Eufemia e a do Xurés,
e decir, nas alturas máximas da zona, domina un tipo
de grano diorita groso con fenocristais que presentan unha
maior resistencia á erosión e polo tanto con
maior facilidade para dar relieves abruptos.
Pola contra, nas zonas mais baixas (val do rio Limia), están
compostas por grano dioritas de grano mais fino.
Un dato xeolóxico de interese é a nacente de
augas termais que existe nos Baños (Riocaldo). Este
afloramento prodúcese nunha falla que ten unha nacente equivalente
na vertente portuguesa da serra.
O Concello presenta dende o punto de vista
xeomorfolóxico duas zonas moi
diferenciadas, sendo as zonas mais elevadas,
areas de erosión e as zonas mais baixas (val do rio
Limia e afluentes), zonas de acumulación de depósitos.
O estado actual da vexetación da zona, é un
longo e complexo proceso de utilización dos recursos
para distintos fins. Como consecuencia, ó atravesar
o Concello, atopámonos con unha cuberta vexetal profundamente
modificada, resultado de un aproveitamento irracional e abusivo.
No proceso de desaparición dos bosques autóctonos
primitivos, que deberon cubrir a maior parte da superficie,
víronse implicados diversos acontecementos como guerras, invasións,
colonizacións etc, en tempos pretéritos. Ademais
deberon ter importante repercusión outras actuacións
como o pastoreo, carboneo, obtención de leña,
etc, que, progresivamente foron reducindo a extensión
do bosque e favorecendo a expansión do monte baixo
e os prados que chegaron a ocupar a maior parte da
superficie de Lobios.
|
|
No Diccionario Madoz, as únicas parroquias nas que
existían bosques e mediados do século XIX eran
as de San Martiño de Arauxo e a de San Paio de Arauxo.
Na primeira, eran castiñeiros, e na segunda o diccionario
di "os montes de entre os pobos están cubertos
de carballos, alisos, cereixos e castiñeiros".
A partir de finais do século XIX comenzan as primeiras
repoboacións forestais con especies exóticas,
fundamentalmente o piñeiro, que van a constituir unha
nova forma de aproveitamento do monte.
|
 |
|
Estas repoboacións cobran un novo impulso na década
dos vinte e é definitivamente a partir de 1945 cando comezan
as plantacións masivas de piñeiros e eucaliptos.
Foron as superficies de monte baixo as que soportaron as repoboacións
e extendíanse polas ladeiras da Serra do Xurés,
ainda que en ocasións ocupaban zonas no fondo dos vales.
As extensións destas repoboacións quedan de manifesto
nos datos do catastro de rústica (fins da década
dos 50). Así, un 35% da superficie do Concello eran piñeirais,
contrastando con estes valores, están os datos para os
bosques autóctonos, que só chegan a un 3%.
A partir de mediados do século XX, un elemento que ata
entón era utilizado para "favorecer" o rebrote
de pastos frescos para o gando do monte, comenza a facer estragos
nas masas forestais, trátase do lume utilizado, de maneira un
tanto indiscriminada, polos pastores do Concello que comenzan
a actuar nas duas últimas décadas, con mais virulencia
e frecuencia sobre as masas forestais e o monte baixo, o que,
asociado ás chuvias do outono e inverno, provocan a progresiva
degradación, tanto do solo como da vexetación que
sustenta. Así, non é disparatado afirmar que preto
das tres cuartas partes da superficie, ardeu polo menos unha vez.
A proliferación de incendios forestais condicionou a paisaxe
vexetal actual da zona. Este efecto combinado da espiral fogo
- erosión, na parte mais escarpada das serras, moldeou
unha paisaxe desértica dominada polos afloramentos graníticos
e entre as gretas destes, crece unha vexetación constreñida,
como pasa nas crestas e espolóns do Xurés. Nas ladeiras
e pes do monte cubertas ben por piñeirais ou monte baixo,
observanse tamén as consecuencias do mencionado efecto.
Co Decreto 29/1993 do 11 de febreiro foi declarado Parque Natural
Baixa Limia - Serra do Xurés unha boa parte das terras
altas deste Concello de Lobios, esto xunto coa maior vixiancia
e os medios tanto persoais como materiais dispoñibles hoxe,
fan que ano tras ano, a superficie queimada sexa cada vez menor.
Ainda así, hai que seguir coa laboura de concienciar á
xente, dos perxuicos que causa a queima indiscriminada dos montes.
Os nosos montes estanse a rexenerar e temos que protexelos para
que a beleza natural do Concello de Lobios a poidan disfrutar
todolos seus veciños e tamén os visitantes, que
en número cada vez maior acheganse a visitarnos.
  
|
©
Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2006.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600. |
|
|