O Concello de Lobios, un ano máis, como xa ven sendo costume nos últimos
anos, organizou un concurso de disfraces o martes de entroido. Coa
idea de dar vida á tradición do entroido en Lobios, concédense
premios ás carrozas e mailos disfraces xa sexa en grupo ou
individuais.
O recorrido que fai a comitiva do Entroido é dende o Cuartel da Garda Civil, pola Siera
ata a Praza Roxa.
O desfile foi amenizado pola Banda de
Música Municipal de Lobios, durante todo o traxecto ata a
Praza Roxa.
Xa na Praza Roxa, o grupo musical "ANDURIÑA"
fixo de xurado do concurso de disfraces e animou a tarde de festa.