O Concello de Lobios, un ano máis, como xa ven sendo costume nos últimos
anos, organizou un concurso de disfraces o martes de entroido. Coa
idea de dar vida á tradición do entroido en Lobios, concédense
premios ás carrozas e mailos disfraces xa sexa en grupo ou
individuais.
O recorrido que fai a comitiva do Entroido é dende o Cuartel da Garda Civil, pola Siera
ata a Praza Roxa. O desfile foi amenizado pola Banda de
Música "A Carvalheira" de Terras do Bouro - Portugal, durante todo o traxecto ata a
Praza Roxa.