INFORMACIÓN ADMINISTRATIVA.


Antes dos primeiros concellos constitucionais, o que agora é o Concello de Lobios, tiña as súas parroquias distribuídas en tres xurisdiccións: Xendive, Araúxo e Entrimo, ademais de en catro coutos : Trasportela, Val de Riocaldo, Lobios e Grou de Celanova.
Cando se establecen os primeiros concellos constitucionais, o que hoxe coñecemos como Concello de Lobios, xa figura con dous concellos; o de Araúxo e o de Lobios que pertencen os dous ó partido xudicial de Bande, e aparecen como tales nos repartimentos que fai a entón deputación única de Galicia, para distribuírlle ós concellos o cupo da quinta e as contribucións territoriais e de consumos (ano 1821).

Vista de Lobios.


Cando a comezos do ano 1822 se fai a división de Galicia en provincias, os dous concellos seguen no partido xudicial de Bande e pasan a formar parte da nova provincia de Ourense.
Os expedientes dos novos concellos segundo o R.D. de 23 de xullo de 1835, feitos por partidos xudiciais, foron entregados polo Gobernador Civil ó pouco de constituírse a nova Deputación Provincial de Ourense. A publicación da resolución tivo lugar no BOPOR número 48 do 14 de xuño de 1836, no que figura o Concello de Lobios, pero non o Concello de Araúxo, estando composto polas seguintes parroquias: San Miguel de Lobios, San Martín de Araúxo, San Paio de Araúxo, Sta. María da Cela, San Salvador de Trasportela, Sta. María de Riocaldo, San Mamede de Grou e San Salvador de Xendive.
O Nomenclátor de 1981, dálle ó Concello de Lobios, un total de 10 parroquias con 73 entidades singulares de poboación. A evolución da poboación é a seguinte:

Anos Poboación de feito  

Anos

Poboación de feito

1845 3.970   1970 5.009
1860 4.497   1981 4.631
1877 4.063   1986 3.806
1877 4.100   1991 3.266
1900 4.201   1996 2.797
1910 4.355   2002 2.586
1920 4.448   2003 2.597
1930 4.640   2004 2.559
1940 5.079   2005 2.420

1950

5.221

  2006 2.361
1960 5.064

 

  2007

2.265 (07/08/07)

A capitalidade municipal é Fondevila, na parroquia de San Miguel de Lobios aínda que no período 1860 ata o 1900, a capitalidade estaba en Pazos (da mesma parroquia). As distancias son: 180 km á capital da Comunidade Autónoma (Santiago de Compostela), 65 km ata a capital da provincia (Ourense) e 25 km ata a cabeceira do partido xudicial (Bande).
O nome do concello procede da parroquia de San Miguel de Lobios, que non ten ningunha entidade singular do seu nome.
O Alcalde deste concello, conforme dispón o artigo 33 do ROF, (R.D. 2568/1986, do 28 de novembro), ten tratamento de Señoría.

Selo antigo. Selo actual.


En cumprimento dunha R.O. de Fomento, do 30 de agosto de 1876, o gobernador Civil de Ourense, remitiulle ó Xefe do A. H. N. o 21 de marzo de 1877, as respostas recibidas dos alcaldes da provincia, sobre os selos que usaban ou viñan usando, e a súa historia. En esa data, o Concello usaba un selo feito en 1845 (a da imaxe da esquerda), no que gravaron a imaxe de San Miguel, por ser este o patrón da parroquia onde está situada a capitalidade municipal. A imaxe da dereita é o selo actual.

A evolución do orzamento municipal dende 1924, foi a seguinte:
Ano Importe (Pts) Ano Importe (Pts) Ano Importe
1924 30.035 1992 482.300.000 2000 214.403.781 Pts
1973 2.900.000 1993 173.518.560 2001 230.557.192 Pts
1986 30.000.000 1994 230.863.885 2002 1.312.246,87 €
1987 33.000.000 1995 165.668.770 2003 1.226.863,93 €
1988 37.500.000 1996 122.514.031 2004 1.226.863,93 € (Prorr)
1989 51.000.000 1997 226.599.212 2005 1.941.200,00 €
1990 140.485.000 1998 256.293.149 Pts   2006 1.386.700,00 €
1991 . 1999 221.108.818 Pts 2007 1.535.850,00 €

Imaxe de Lobios. Escudo do Pazo de Lobios. Imaxe de Lobios.

 
Na actualidade, a actividade administrativa, no Concello de Lobios, é de luns a venres, de 8,30 h a 14,30 h. Os festivos locais para o  ano 2004 son: o día 3 de febreiro, San Brais e o 13 de agosto, Festas Municipais.
Conta cos seguintes departamentos:

Alcaldía Secretaría Administración - Estadística Urbanismo
Servicios Sociais Técnico Local  Emprego Información Xuvenil Informática Atención ó público

Alcaldía.

Secretaría
.

Administración e Estatística
, lévase a cabo a contabilidade municipal, a xestión do padrón municipal de habitantes e a xestión dos recibos de auga municipais.

Urbanismo, dende a entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (P.X.O.M.) de Lobios, este Concello conta con un arquitecto colaborador que ten como función a coordinación para a aplicación do dito P.X.O.M. de Lobios.

Servicios Sociais de atención primaria, levan a cabo programas orientados para promover a participación, a integración e o benestar social das persoas dentro do seu medio mais próximo. Lévanse a cabo programas de: información, orientación e asesoramento; servicio de axuda a domicilio; prevención e inserción social; fomento de cooperación social. En horario de oficina, at
éndese ó publico de martes a venres.
Como parte de este departamento está a Educadora Familiar, ten como funcións o deseño de programas de animación sociocultural (nenos e adultos), o contacto con familias con determinada problemática (maltrato, poucos recursos económicos, etc.), elaboración de programas de educación para a saúde, habilidades sociais, educación de medio ambiente, etc.

Técnico Local de Emprego
. Ten como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas
coa creación de actividade empresarial. Os técnicos locais de emprego realizan as seguintes funcións:
   - Prospección dos recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais  de promoción económica local e iniciativas innovadoras  para a xeración de emprego no ámbito local.
   - Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción de unha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
   - Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais  para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, en xeral, asesoramento e información sobre os plans de lanzamento das empresas.
   - Apoio ós promotores de empresas, acompañamento técnico durante as primeiras etapas de funcionamento.
   - Calquera outra que axude á implantación das políticas activas de emprego na súa zona de influencia. 

Información Xuvenil
, é unha estructura informativa de carácter municipal que presta servicios de información á xuventude. Esta oficina conta cos servicios de orientación laboral e información sobre os seguintes temas: estudios e formación; campamentos e viaxes; idiomas; premios e concursos; bolsas e axudas; voluntariado; formación ocupacional. Esta oficina é tramitadora do Carné Xove.

Informática
, leva a cabo a xestión da rede informática existente no concello e á súa vez da cobertura e medios técnicos para diferentes servicios que se prestan ó cidadán.

Atención ó público, leva a cabo a tramitación de tódolos procedementos administrativos propios de unha administración local.

 
    Vista de Ganceiros dende A Vila. (Lobios).  Camiño dende A Escusalla a Compostela. (Lobios).  Vista na "Ruta das Sombras" (Lobios).
 

Volver á páxina de Datos do Concello

© Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2003.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600.