O
servicio do Punto de Información Catastral
(P.I.C.)
asume o papel de intermediador no exercicio do dereito de acceso
á información catastral do cidadán. Este
servicio é gratuito para todos os veciños e veciñas do Concello. Entre os servicios que presta o Punto de Información
Catastral están os seguintes:
a) Servicio de consulta libre
e
certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de
cartografía dixital.
b) Servicio de consulta
e certificación
electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos,
relativo ós bens inmobles da súa titularidade.
c) Servicio de certificación negativa de
bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular
catastral, relativa ó propio solicitante.
d) Calquera outros servicios de consulta
e certificación que se implanten no futuro, nos términos da
Resolución que se dicte ó efecto.
No Punto de
Información Catastral (P.I.C.) instalado nas oficinas do Concello pode
solicitar información protexida, calquer titular provisto do
seu D.N.I. en vigor, ou calquer persoa debidamente autorizada
polo titular. Se a información é non protexida, pode solicitala
calquer persoa.
O horario de atención do
P.I.C. do Concello é de 9:00 H a 14:00 H, de luns a venres.
O seguinte enlace é o da Oficina Virtual
de Catastro (O.V.C) no que tamén está dispoñible toda esta información
a través de internet, para obter información protexida deberás
dispoñer de DNI electrónico ou sinatura dixital.