Rutas turísticas Igrexas parroquiais Cruceiros Petos de ánimas
Pontes históricas Pazos e casas típicas Capelas Fornos e muiños
A VÍA NOVA Camping Municipal   Activaremos os enlaces que faltan, tan pronto como sexa posible. Gracias.
RUTAS TURÍSTICAS POLO
PARQUE NATURAL DO XURÉS.


NORMAS BÁSICAS PARA A PROTECCIÓN DA NATUREZA.

O PARQUE NATURAL É DE TODOS... É TEU. PROTÉXEO E CONSÉRVAO PARA TI E PARA OS DEMAIS.
 

  • Ven ó Parque Natural do Xurés, pero non esquezas que estás nun espacio protexido, onde se establecen medidas de protección e conservación do entorno natural.

  • A natureza é a túa compañeira, respeta a fauna e flora; non captures animais nin arrinques plantas. Lembra que en ambalas dúas existen especies que están reguladas e protexidas pola lexislación vixente.

  • O que a Natureza fixo en milenios, non o estragues en unhas horas: non prendas fogueiras no campo, apaga as cabichas dos cigarros e non as botes pola ventá do automóbil. Lembra que os incendios forestais son moi perigosos e ocasionan graves perdas ecolóxicas e económicas.

  • A auga é fonte de vida, e por iso non debes botar desperdicios nin augas de lavado que contaminen gravemente os cursos de auga e fontes. Leva todo o lixo ata o contenedor máis próximo.

  • Un paseo polo campo pode resultar unha experiencia maravillosa. Respeta o trazado do sendeiro e pistas; non utilices atallos, sobre todo en zonas sensibles á erosión. Os vehículos a motor son para desprazarse polas estradas. Non debes utilizalos nas pistas, rompendo a paz natural destas serras. Deixa o vehículo nas zonas recomendadas.

  • Goza do aire libre, pero lembra que a acampada libre non está permitida, porque é un dos motivos principais da contaminación e deterioro do medio natural. En todo caso, consulta na sede do Parque e nos concellos que o forman, sobre os lugares de acampada establecidos.

  • O sendeirismo brindache unha oportunidade de coñecer estas terras e as súas xentes. Respeta á poboación local e as súas propiedades. O contacto co mundo natural e rural é pleno, polo que os sendeiros deben ser lugares privilexiados para achegarse e disfrutar da natureza. Permite que despois do teu paso os camiños e sendeiros continuen en bo estado, evitando que perdan o seu atractivo.

                                                                 GRACIAS EN NOME DE TODOS
 


Regato afluente do río Salas. (Lobios).  Carballeira nas marxes do río Salas. (Lobios).  Polas baixas temperaturas do inverno. (Sacada na Cela - Lobios).  Río Macaco. (Lobios).
 


O Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés ofrécenos unha gran variedade de alternativas para gozarmos do ocio e do contacto coa natureza. A diversión, o descanso e a interpretación dos seus diversos valores é unha constante en calquera das rutas en calquera das rutas que escollamos, tanto se o viaxeiro opta polos percorridos en automóbil como se decide adentrarse percorrendo a pé os seus camiños e sendeiros.
As rutas para percorrer a pé polo Parque Natural, divídense en dous grupos en función da súa localización dentro deste espacio protexido:


Para acceder á descripción de cada ruta pincha sobre o título de cada unha delas (en construcción).

 
  • Rutas de acceso libre: son todas aquelas que o visitante pode realizar libremente, polas vías e camiños existentes.
    1.-
    Ruta da Ermida do Xurés.
    2.- Ruta da Mina das Sombras.Posta de sol vista dende a Área Recreativa de San Rosendo (A Cela). Concello de Lobios.
    3.- Ruta de Padrendo.
    4.-
    Ruta do Río Vilameá.
    5.- Ruta da Corga da Fecha.
    6.- Ruta da Cabaniña do Curro.                                                              
    7.- Ruta do Río Mao.

    E xa fora do término municipal de Lobios,

    8.- Ruta Lantemil - Quintela - Olelas.
    9.- Ruta do Río Agro.
    10.- Ruta Ecuestre.
    11.- Ruta de Queguas.
    12.- Ruta de Padín.
  • Rutas de acceso restrinxido: Estas rutas atravesan zonas de gran valor ecolóxico do Parque Natural onde o acceso está controlado co propósito de coordinar os programas de conservación da biodiversidade deste espacio protexido e o turismo ambiental. Para a realización destes percorridos, por completo ou parte deles é necesario obter autorización previa da Consellería de Medio Ambiente, solicitándoa na Sede do Parque Natural en Lobios, ou no teléfono 988 44 80 48. Son as seguintes:

    13 .- Ruta de A Cela - Pitoês.

    E xa fora do término municipal de Lobios,

    14.- Ruta Torrente - Clamadoira - Pitoês.
     


 Vista de Ganceiros dende a Vila. (Lobios). Parece a selva tropical pero é un regato no río Salas. (Lobios). Alto de Nevosa. Pico mais alto da Serra do Xurés (1556 m). Visto dende A Vila. (Lobios).
 


Serra de Santa Eufemia (1090 m). Vista dende o alto da Lomba (Lobios).  Capela da Virxe da Reguenga. (Prencibe - Lobios).  Imaxe da Serra do Xurés. (Lobios).
 

© Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2006.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600.