Inicio - fin: Vilameá
Itinerario: 1.600 metros.
Tempo aproximado: 45 minutos
Dificultade: Baixa - media
Como chegar: Pola estrada Ou - 312 que une a capitalidade de Lobios
e o Parque Nacional da Peneda Gerês, na vila de Vilameá, tomando un
desvío á man esquerda onde atopamos unha pequena ermida na honra de
Santa Lucía, comeza unha pista que conduce directamente ó inicio da
ruta.
Interés: Botánico, etnográfico e paisaxístico.
Percorrido: Esta ruta discurre por ámbalas dúas marxes do Río Vilameá,
pertencente á conca hidrográfica do Río Limia. No transcurso do percorrido,
pódense contemplar doce muiños distribuidos do seguinte xeito: cinco
ó longo da marxe esquerda do río e os sete restantes na marxe dereita,
todos eles restaurados polo Parque Natural. Entre o conxunto dos muiños
hai dous con tellado de pedra, outro deles é de madeira con palla de
centeo (colmo) e o resto son de madeira e tella.
Á metade da ruta, atópase un camiño que conduce a unha albariza (antigos
colmeares rodeados por un muro de pedra que os defendía dos posibles
ataques das "alimañas"), tornándose este recorrido (450 m)
de dificultade media - alta.
Esta zona sufriu un incendio o Nadal do 2001 polo que se pode observar
a degradación que sufre o monte no seu intento interrumpido de recuperación.
Posteriormente o Parque Natural iniciou un programa de restauración
da cuberta vexetal nesta zona co propósito de acelerar a súa recuperación
natural.