|
RUTA DA CORGA DA FECHA (Ruta nº 5). |
|
Inicio:
Vila Termal de Lobios ou A Ponte Nova (Miliarios).
Fin: Ruta da Cabaniña do Curro.
(Ruta nº 6)
Itinerario: 4.000 metros, aproximadamente,
dende ambos inicios.
Tempo aproximado: 3 horas.
Dificultade: Alta.
Como chegar: Pola estrada Ou - 312 (no km 6,5) que une a capitalidade
de Lobios e o Parque Nacional da Peneda Gerês, chegamos ó pobo de
Baños de Riocaldo , xusto antes de entrar na ponte que cruza o Río
Caldo, desviámonos á esquerda, en dirección á Vila Termal de Lobios,
seguimos esa pista e onde acaba o asfalto, deixamos o coche. Aquí
da comezo a ruta, polo antigo trazado da Vía Nova, ou Vía XVIII do
itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga. Outra alternativa
é, comezar a ruta nos Miliarios, na Ponte Nova, continuar pola ruta
romana, ata chegar ó mesmo carreiro.
Interese: Paisaxístico, xeolóxico e arquitectónico.
Percorrido: A uns 100 metros do comezo da ruta atopamos os restos
arqueolóxicos de "Aquis Originis", primeira
das “Mansios” existentes en Ourense. As escavacións realizadas en
esta “Mansio” sacaron á luz restos de un pequeno edificio con estancias
dedicadas a cociña y un espacio termal con sistema de calefacción
(hipocausto), xa que o costume dos baños termais estaba moi extendido.
|
|

|
|
|
Continuamos o percorrido polo val do Río Caldo ata cruzar a
Corga da Fecha. A uns 50 metros, cruzade o Río Caldo pola ponte
que existe á vosa dereita e podedes ver un dos multiples muiños
(restaurado), que existen ó longo de todo o río; volvede
atrás, retomades a Ruta da Fecha, e pola pista que antes deixarades
á esquerda, a uns 100 metros, está o inicio da subida
que nos leva ás fermosas pozas e fervenzas da Ruta da Fecha.
Xa no fondo da garganta que forma a Corga da Fecha atoparedes unha
fermosa poza (ver foto abaixo) e se vos metedes no cauce da corga
(con moitísimo cuidado, de non resbalar nas pedras)
observades a primeira das fervenzas de esta Ruta. O que vedes é
fermoso pero a pesar de que a subida é pronunciada, seguide
que o mellor está por ver. A media encosta é cando podemos
ver en toda a súa amplitude a impresionante vista de todo o
conxunto de fervenzas escalonadas que forman a Corga da Fecha.
|
|
Ainda que a vista da Corga é fermosa e a espectacularidade
das fervenzas obríganos a admirar o que temos diante dos ollos,
tralo necesario descanso, continuade o ascenso xa que ata chegar ó
alto da Ruta, bordeando toda a Corga da Fecha, deixamos detrás
de nós, a medida que subimos, unhas fermosas panorámicas
do Val de Rio Caldo, a Serra de Santa Eufemia e ata incluso a Serra
do Quinxo. Tralo dificultoso ascenso, chegamos a un terreno chairo
dende onde podemos conectar con outra das rutas do Parque Natural
coñecida como da Cabaniña do Curro (ruta nº 6).
Como xa dixemos, a dificultade da ruta é alta, pero, a fermosura
de todo o que podemos observar ó longo dela para a pena do
que se sufre ata chegar ó alto. Como comentario, a título
persoal, do autor de esta páxina, é de sinalar, non
só a fermosura das imaxes que temos diante de nós senon
a diversidade de aromas que desprende a abundante flora que atopamos
ó longo da ruta. As fotos foron sacadas o día 1/05/2004,
coa Serra do Xurés en pleno esplendor primaveral.
|
|
|
©
Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2003.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600. |