Inicio - fin:
Casa da "Escusalla" (Lobios).
Itinerario: 4.000 metros (circular).
Tempo aproximado: 2 horas.
Dificultade: Media - Baixa.
Como chegar: Pola estrada Ou - 540 (antes N - 540) en dirección a
Portugal, no kilómetro 68, tomando un
desvío á man esquerda que vai a Ludeiros, Compostela e Manín,
atopámonos ós 600 metros (aproximadamente) coa Casa da Escusalla", (non perdas a
oportunidade de visitala), seguindo uns 200 metros mais pola pista
atopámonos co inicio da ruta, nun desvío á esquerda.
Interese: Etnográfico, botánico e paisaxístico.
Observacións: A época estival é a idónea para realizar esta
ruta pois as crecidas do río poden impedir o paso en algún dos seus
puntos.
Percorrido: A ruta comeza na
Escusalla, edificación que créese pertenceu á
Inquisición a cal envolve unha gran multitude de lendas (torturas,
bruxerías, etc ...). Comezamos a camiñata deixando á nosa dereita uns
cortizos (colmeas de sobreiras) descendendo cara o cauce do río Mao,
chegamos ó primeiro cruce con sinal de cambio de dirección , xirar á
esquerda, baixando cara ó cauce do río, onde atopamos o primeiro muiño
restaurado (Muiño de Flores).