|
Co gallo da posta en marcha desta páxina web, abrimos unha
fiestra dende onde se pode coñecer a fondo o Concello de
Lobios. Aproveito a ocasión para convidar a tódolos
internautas a achegarse físicamente ata o noso pobo para
comprobar "in situ" que se trata dun municipio puxante,
onde tradición e modernidade fúndense en harmonía.
Dende o ánimo de entrar progresivamente na denominada "sociedade
da información", no Concello de Lobios apostamos polas
novas tecnoloxías e pretendemos conseguir que este lugar
en Internet se converta axiña nun novo embaixador que pregoe
as excelencias de Lobios polo mundo.
A partires de agora, a actualización desta web tamén
servirá para que todos aqueles veciños que no seu
día tiveron que emigrar ó estranxeiro, poidan vencer
a sua morriña mediante un seguimento diário das
novas que acontecen na súa terra nai.
Precisamente, ese é un dos principais obxectivos deste
portal: seguir facendo país mediante o reforzamento dos
vínculos de unión xurdidos arredor do nome de Lobios.
|
|