Rutas turísticas Igrexas parroquiais Cruceiros Petos de ánimas
Pontes históricas Pazos e casas típicas Capelas Fornos e muíños
A VÍA NOVA Camping Municipal   Activaremos os enlaces que faltan, tan pronto como sexa posible. Gracias.
 
San Miguel de LOBIOS San Salvador de TORNO San Mamede de GROU SAN PAIO de Arauxo
Sta. María de RIOCALDO San Salvador de MANÍN SAN MARTIÑO de Arauxo Sta. María da CELA
  San Martiño de GROU San Lourenzo da ILLA Activaremos os enlaces que faltan, tan pronto como sexa posible. Gracias.
 
IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE LOBIOS.
 


A igrexa parroquial de San Miguel de Lobios, é un fermoso monumento situado no lugar de Fondevila.


Inscripción na fachada posterior "... hizose esta capilla siendo abad Manuel de la Llana año 1755". Concello de Lobios.   Esto é o que se ve na entrada á Igrexa parroquial de San Miguel de Lobios. Concello de Lobios.
 


De estilo barroco, século XVIII, destaca o seu enorme campanario, colocado sobre unha torre de estilo románico que se ergue dende o solo e descansa sobre cuatro pilares, dous deles cuadrangulares, facendo un pórtico e entrada principal ó templo, maxestuoso, que sobresae moi estilizado do corpo rectangular do templo. Precisamente esa característica, a súa planta rectangular, contrasta coa maioría das igrexas parroquiais da Baixa Limia, de planta en forma de cruz latina. De aí a súa singularidade.


Imaxe da torre da Igrexa Parroquial de San Miguel de Lobios. Concello de Lobios.   Detalle do campanario da Igrexa Parroquial de San Miguel de Lobios. Concello de Lobios.   Acceso por Zapateiros ó adro da Igrexa Parroquial de San Miguel de Lobios. Concello de Lobios.
 


Construida e realizada en 1755, a súa característica principal é que a torre do campanario adiántase á fachada principal, centrada e separada do corpo do templo, o que permite a creación de pórticos na súa base. Ó atrio accédese a través de dous laterais, mostrando así un criterio moi barroco. A torre divídese en varios corpos, con unha gran balaustrada e pináculos rematados en bolas.


Pórtico de entrada dende Zapateiros. Concello de Lobios.   Vista dende a traseira da Igrexa Parroquial de San Miguel de Lobios. Concello de Lobios.
 


Xa no interior, hai dúas pilas bautismais, a da entrada, de estilo románico e a que está chegando ó altar maior, de estilo gótico. Dirixíndonos cara ó altar maior, observamos dous retablos de estilo barroco, con imaxes de Santa Teresa, o da esquerda, e San Antonio o da dereita.

Compre tamén destacar o fermoso retablo do altar maior, realizado en madeira policromada, formando tres corpos nos que se atopan as imaxes dos santos:
San Miguel (patrón da parroquia), San Sebastián e San Xoan Bautista.

Nos laterais do altar maior, en simetría co mesmo, hai dúas imaxes de 

O artesonado
, en madeira policromada, representa imaxes dos apóstolos


Igrexa de San Miguel de Lobios. Igrexa Parroquial, vista dende a entrada a Lobios.
 


Esta igrexa presenta un importante parecido á de San Salvador de Manín (1764), co mesmo sistema de campanario. Esto débese a que ambos templos mandounos construír o mesmo abade, D. Manuel da la Llana.

 

© Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2003.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600.