EUROPA (SPAIN)
GALICIA..
OURENSE

Concello da provincia de Ourense, situado a 65 km ó sur da capital da provincia, 41º 54' 09'' N e 4º 23' 48'' O. Ten unha extensión de 168,77 km2. Encravado na comarca da "Baixa Limia". Forma parte do Parque Natural "Baixa Limia Serra do Xurés". Limita a N.con Lobeira, ó E. con Muiños, ó S. con Portugal e ó O. con Entrimo e con Portugal.

Os accesos á zona son:

  • Desde Ourense: O acceso mais rápido e cómodo é pola Ou - 540 Lugo - Portugal (estrada de Celanova), con un trazado modificado e renovado desde Bande. Con motivo da construcción do encoro de Lindoso, realizaronse novos accesos a Lobios e á fronteira da Madalena (Lobios).

  • Desde a Meseta: Pola A - 52 (Autovía das Rías Baixas), a mellor opción é sair en Ourense capital e pola estrada de Celanova (Ou - 540), dirixirse en dirección a Portugal ata encontrar no km 62,100, o desvío cara a Lobios. En Xinzo de Limia existe a posibilidade de coller a estrada comarcal de Xinzo a Ponte Liñares, desde donde outra estrada local conducenos ata Mugueimes (capitalidade de Muiños), desde alí, pasando por Cados, enlazamos á altura das Conchas coa N-540 que nos levará ata Lobios (son menos kilómetros pero non é recomendable polo mal estado e a cantidade de curvas que ten esta carretera).

  • Desde Portugal: Pola Madalena, que desde Ponte da Barca accede a esta comarca da "Baixa Limia". Outro acceso é pola Portela D'Home, que comunica Lobios con Caldas do Gêres e Braga.

  • Marca a tua ruta desde Google Map para chegar a Lobios.

Ir ó índice

© Concello de Lobios (Ourense) - ESPAÑA 2006.
Optimizado para unha resolución de 800 x 600