Axudas para emendar os danos causados polos incendios forestais en equipamentos privados e explotacións agrícolas e gandeiras

  • Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias de terreos forestais, así como os titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión dos organismos públicos. No caso de danos causados á maquinaria e ao equipamento nos labores de extinción, as persoas beneficiarias serán as persoas físicas ou xurídicas propietarias deles, con exclusión dos organismos públicos.
  •  Unha mesma persoa solicitante poderá solicitar as sete liñas de axuda e o expediente de axudas será único.

Liñas de axuda

As liñas obxecto de axuda son as seguintes:

a) Axuda para a reparación dos danos causados a infraestruturas de titularidade privada (liña I).

b) Axuda para a reparación da maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración na extinción dos incendios forestais ou ocasionados por estes (liña II).

c) Axuda aos gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e esteladura da madeira queimada non comercial (liña III).

d) Axuda para a reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras (liña IV).

e) Axuda pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras (liña V).

f) Axuda pola morte de gando ou pola perda de colmeas das explotacións gandeiras e apícolas (liña VI).

g) Axuda para a adquisición de alimentación complementaria para o gando en extensivo ou as colmeas nas zonas afectadas (liña VII).

 

Datos solicitude

  • Prazo de presentación : 04/10/2016 - 03/11/2016.
  • Un mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Prazo de resolución : Dous meses
  • Sentido do silencio administrativo : Negativo

Ler detalle do procedemento e Orde de axuda