As novas rutas BTT do Xurés a piques de estar habilitadas.


  • En breve quedarán ultimados os traballos de rehabilitación  e novos trazados das rutas BTT do Xurés .
  • Estes novos itinerarios engadidos aos que xa había, sumados á  contorna incomparable do Xurés, fan da nosa contorna  un destino moi apetecible para os amantes da  práctica da Bici Todo Terreo o que potenciará o desenvolvemento e a  economía local do noso concello.
  • O financiamento do proxecto correu a cargo da Axencia Galega de Turismo.