"ChegOU", programa de axudas á natalidade

 

  • A Deputación de Ourense como medida de apoio ao fomento da natalidade pon en marcha un  programa de axudas que se materializan a través da tarxeta ChegOU, que, cun importe de 300 euros, pode usarse en farmacias e parafarmacias e permite adquirir produtos hixiénicos, alimentarios e de saúde relacionados co primeiro ano de vida do bebé.

 

  • Poderá ser beneficiario destas axudas o proxenitor ou adoptante dun neno menor dun ano nacido entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 que se inscriba nalgún rexistro civil da provincia de Ourense e que cumpra os seguintes requisitos: figurar empadroado nalgún concello da provincia de Ourense á data da solicitude da axuda, e ter unha antigüidade no empadroamento na provincia de, polo menos, un ano.

      Bases da convocatoria e solicitudes en http://natalidade.depourense.es/