Axudas para a promoción do emprego autónomo


  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.

 

  • PROGRAMA I: (TR341D)A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte ós distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral. Ler bases do procedemento TR341D
     
  • PROGRAMA II: (TR349F) incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia. Ler bases do procedemento TR349F

 

  • Prazo de presentación de solicitudes : 14/03/2017 - 02/10/2017.