Obras de acondicionamento dos exteriores en Os Baños, en la parroquia de Riocaldo (concello de Lobios)




 
 
  • Mellorará a imaxe da zona termal visitada cada ano por centos de turistas
  • Os traballos orzamentados pola Deputación de Ourense, dentro do Plan Termal Provincial, ascenden a 100.000 €

Durante os próximos meses realizaranse traballos de acondicionamento  nos exteriores de Os   Baños  - Riocaldo.

A obra  mellorará tanto a contorna da piscina pública como  a do  balneario de Caldaria. 

A travesía de Os Baños é tamén a principal vía de acceso aos restos arqueolóxicos da antiga mansión romana Aquis Originis e á ruta de sendeirismo "Corga da Fecha".


Esta intervención sumada aos traballos de soterramento da liña eléctrica previstos tamén para este ano, supoñen un investimento de 100.000 € que asumirá na súa totalidade a Deputación Provincial de Ourense.