Presentación da Festa dos Callos Limiaos e da Carretada

  • Onte, na Deputación Provincial de Ourense, presentouse a XXI edición da Festa dos Callos Limiaos e a XI da Carretada de Lobios.
  • A celebración será o próximo 19 de agosto, contará con feira de artesanía, degustación dos callos, xogos populares, a tradicional carretada e moitas actividades máis.
  • Este ano, como novidade, con cada ración de callos darase unha espetada de porco galego, para degustación dos visitantes que se acheguen a pasar un día festivo entre amigos e familiares.
  • Ver vídeo da presentación (Telemiño).

Galería