AULA MADRUGA e AULA DE TARDE: Actividades de conciliación curso 2023/2024

 

(22.09.2023) AULA MADRUGA e AULA DE TARDE: Actividades de conciliación curso 2023/2024

 
  • O Concello de Lobios, un ano máis,  pon en marcha para o curso 2023-2024, os programas de conciliación "AULA MADRUGA" e "AULA DE TARDE",  dirixido a alumnos/as de 3 a 12 anos do CEIP do Xurés
    • A "AULA MADRUGA" estará dispoñible de 8:00 a 10:00 h, con acollida e actividades de xogo libre.
    • A "AULA DE TARDE" estará habilitada de 16:00 a 18:00 h, con actividades de xogo, apoio escolar e lectura.

 

  • A inscrición deberá realizarse de xeito presencial na área de Servizos Sociais do concello.

 

  • As solicitudes recibidas,  someteranse a valoración para determinar a asignación de prazas, priorizando os criterios de conciliación (horario de traballo dos proxenitores/titores ou outras circunstancias familiares que precisen do servizo).

 

  • Data límite de presentación de solicitudes: 28 de setembro de 2023 ás 12:00 h

 

  • Inicio do servizo: 2 de outubro de 2023.