Iniciativa Xove, programa da Xunta de Galicia para a posta en valor da cultura inmaterial e urbana de Lobios

  • Recibimos a visita de Cecilia Vázquez, directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,  quen coñeceu as iniciativas da mocidade que se están levando no noso concello dentro do programa Iniciativa Xove.
  • Os grupos Xóvenes do Xurés e Aires do Paraño de Lobios, participan nesta iniciativa. O primeiro xestionando obradoiros de oficios tradicionais, xogos populares e outras actividades que poñen en valor a  cultura inmaterial da comarca. O segundo, cun proxecto centrado na difusión da cultura urbana  a través de talleres de graffiti, turntablim ou skateboard.

 

Ver nota de prensa da Xunta de Galicia.

Ver noticia en Faro de Vigo-Ed.Ourense.


Galería