I Xuntanza de Abelleiros da Baixa Limia

I Xuntanza
de
Abelleiros da Baixa Limia

I
 
Convídase a todos os abelleiros ou persoas afeccionadas da Baixa Limia que teñan abellas nos concellos de Bande, Calvos de Randín, Muíños, Lobios, Entrimo ou Lobeira a participar nunha xuntanza que terá lugar no día e hora sinalados a continuación:
 
Día: sábado, 7 de outubro do 2017
Hora: 10:00
Lugar: Local Multiusos de Lobios
 
Neste encontro exporanse algúns aspectos de interese actual para os apicultores da zona:
 
- Tratamento da Varroa con ácido oxálico por sublimación. Falará Juan Gentil, abelleiro experto no tema.
 
- Paso de explotacións apícolas convencionais a explotacións apícolas ecolóxicas, mediante a inscrición no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Falará Perfecto, experto abelleiro que leva anos en ecolóxico.
 
- Presentación do proxecto “Destino Xurés”, impulsado polo Concello de Lobios para desenvolver un turismo de calidade e promocionar os produtos da zona baixo a marca “Xurés”. Falará Noelia, coordinadora do proxecto.
 
- Realización dun pequeno debate para analizar a situación actual do mercado do mel e unificación, na medida das posibilidades, dun prezo común de venda.
 
Unha vez finalizadas as charlas, terá lugar un xantar conxunto para todos os abelleiros que desexen participar. O prezo será económico e dependerá do número de persoas que se anoten.
 
As persoas interesadas en participar na comida deberán anotarse con anterioridade a través do grupo de WhatsApp “Abelleiros da Baixa Limia” ou, pola contra, en calquera dos números de teléfono indicados a continuación:
 
José Benito (Lobios)  606 819 834

José Antonio (Muíños) 649 409 970


Galería