(13.03.2024) Obradoiros infantís de Semana Santa
- No Concello de Lobios, poñemos en marcha, no período vacacional de Semana Santa, uns obradoiros no que poderán participar nenos e nenas de 4 a 12 anos, empadroados no concello.
- As solicitudes, deberán presentarse no rexistro do concello ata o 22 de marzo, mediante este formulario.
- As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.
- Estes obradoiros, son unha iniciativa máis das que vimos desenvolvendo ao longo do ano, en colaboración coa Consellería de Promoción, Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia , para facilitar a conciliación laboral, familiar e persoal, das familias do noso municipio.
(12.03.2024) Amigos da Cociña Galega, en Lobios
- Amigos da Cociña Galega, entidade que promove e preserva o patrimonio da nosa gastronomía, elixiu Lobios para celebrar a súa asemblea anual.
- Un evento que contou coa presenza do presidente do Inorde, Rosendo Luis Fernandez Fernandez, e a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Mari Sol Nóvoa, entre outros. O concelleiro Jesús Rodríguez, asistiu en representación do Concello de Lobios.
(08.03.2024) Día Internacional da Muller
- Unha conmemoración que se celebra o 8 de marzo e que en Lobios, temos presente cada día do ano, para continuar fomentando a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade.