Concello da provincia de Ourense, situado a 65 km ó sur da capital da provincia, 41º 54' 09'' N e 4º 23' 48'' O. Ten unha extensión de 168,77 km2. Encravado na comarca da "Baixa Limia". Forma parte do Parque Natural "Baixa Limia Serra do Xurés". Limita a N.con Lobeira, ó E. con Muiños, ó S. con Portugal e ó O. con Entrimo e con Portugal.



Os accesos á zona son:

  • Desde Ourense: O acceso mais rápido e cómodo é pola AG31.
  • Desde a Meseta: Pola A - 52 (Autovía das Rías Baixas), a mellor opción é sair en Ourense capital e pola estrada de Celanova (Ou - 540), dirixirse en dirección a Portugal ata encontrar no km 62,100, o desvío cara a Lobios. En Xinzo de Limia existe a posibilidade de coller a estrada comarcal de Xinzo a Ponte Liñares, desde donde outra estrada local conducenos ata Mugueimes (capitalidade de Muiños), desde alí, pasando por Cados, enlazamos á altura das Conchas coa N-540 que nos levará ata Lobios (son menos kilómetros pero non é recomendable polo mal estado e a cantidade de curvas que ten esta carretera).
  • Desde Portugal: Pola Madalena, que desde Ponte da Barca accede a esta comarca da "Baixa Limia". Outro acceso é pola Portela D'Home, que comunica Lobios con Caldas do Gêres e Braga.