Susana Seivane elige Lobios para su último trabajo audiovisual

 

(05.12.2023) Susana Seivane elige Lobios para su último trabajo audiovisual

  • A popular gaiteira galega, Susana Seivane, culminou a gravación do seu máis recente videoclip, "NON É NON", no senlleiro pobo de Aceredo.
  • O videoclip foi dirixido polo actor e director Rubén Riós a través da súa produtora Claqueta Coqueta.
  • O diñeiro recadado durante o primeiro ano de visualizacións será destinado apoiar a unha organización adedicada a mulleres vítimas de violencia de xénero.

O enclave idílico de Aceredo, proporcionou o fondo perfecto para a gravación do videoclip de Susana Seivane, recoñecida pola súa mestría na gaita e a súa dedicación para promover a cultura galega.


O videoclip non só destaca a destreza musical de Seivane, senón que tamén  presenta unha narrativa visual cativadora, coa batuta do actor e director Rubén Riós. Conta tamén coa intervención de artistas galegos de recoñecido prestixio como son, Carlos Blanco, Touriñán, Elena Ferro, Isabel Naveira e Iván Raña, que reafirman o título da composición “Non é non”.


Susana Seivane anunciou un xesto significativo en relación co seu último videoclip, "NON É NON": Todo o diñeiro recadado durante o primeiro ano de visualizacións será destinado a apoiar a organizacións dedicadas a mulleres vítimas de violencia de xénero, reafirmando así o seu compromiso con esta causa.


"NON É NON" non só é unha expresión artística da mestría musical de Susana Seivane, senón tamén un vehículo para promover a conciencia social e apoiar a aqueles que máis o necesitan na comunidade.


Para nós, é unha honra ser parte desta produción audiovisual tan significativa na carreira dunha artista tan destacada. A elección de Aceredo, en Lobios, como escenario para este proxecto é testemuño do encanto natural e a beleza paisaxística que a nosa rexión ten para ofrecer.


Por todo isto, o Concello de Lobios desexa expresar o seu máis sincero agradecemento a Susana Seivane e ao seu equipo por elixirnos para a realización de "NON É NON".


* Visualiza o vídeoclip Youtube “Un tema co que quero facer unha homenaxe ás que están e ás que non están pero estaban en todo o seu dereito.” (Susana Seivane).


Galería