Presentación da Ourense Strade Termal 2024

Presentación Ourense Strade Termal 2024

 

(18.04.2024) Presentación da "Strade Termal 2024"

 
  • Onte, presentouse a VII Edición da Ourense Strade Termal que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de abril, co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, reunindo a preto de 400 deportistas de 19 provincias diferentes para gozar do "sterrato" nesta proba única na provincia de Ourense.
  • Un acto de presentación que contou coa presenza doo deputado de Representación Institucional e presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o deputado de Deportes, César Fernández; o xefe do servizo provincial de Turismo da Xunta, Cecilio Santalices; os alcaldes de Muíños e Lobios, Plácido Álvarez e Mª Carmen Yáñez, respectivamente; o vereador da Cámara Municipal de Montalegre, Jorge Fidalgo; a xerente do Inorde, Emma González; o director técnico da proba, Serafín Martínez; e os Gardas Civís de Tráfico de Ourense, Damián Novoa e Manuel Rodríguez, que se encargarán da seguridade viaria durante a proba xunto aos GES de Muíños e Lobios.
  • Esta nova edición da "Ourense Strade Termal" levará aos cicloturistas apaixonados do "sterrato" a descubrir fermosas paraxes da Baixa Limia, pertencentes aos concellos de Lobios e Muíños. Ademais, a "Ourense Strade Termal" conserva o seu carácter internacional e levará aos participantes novamente ata a Cámara Municipal de Montalegre.
  • Máis información e percorridos en www.ourensestradetermal.com.

Galería