Lobios acollerá a III Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social

 

(03.06.2024) Lobios acollerá a III Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social

 
  • Do 27 ao 29 de setembro de 2024,  Lobios será a sede da III Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social.
     
  • Un encontro  que reunirá no noso concello,  a profesionais, alumnado e profesorado de institucións académicas  vinculadas coa Educación Social para dar  visibilidade a esta profesión.

 

  • Ademais das sesións propias do seminario, os asistentes poderán gozar de  actividades ao aire libre, coñecendo a cultura, etnografía e lugares de interese da nosa contorna.