A igrexa parroquial de San Miguel de Lobios, é un fermoso monumento situado no lugar de Fondevila.

De estilo barroco, século XVIII, destaca o seu enorme campanario, colocado sobre unha torre de estilo románico que se ergue dende o solo e descansa sobre cuatro pilares, dous deles cuadrangulares, facendo un pórtico e entrada principal ó templo, maxestuoso, que sobresae moi estilizado do corpo rectangular do templo. Precisamente esa característica, a súa planta rectangular, contrasta coa maioría das igrexas parroquiais da Baixa Limia, de planta en forma de cruz latina. De aí a súa singularidade.

Construida e realizada en 1755, a súa característica principal é que a torre do campanario adiántase á fachada principal, centrada e separada do corpo do templo, o que permite a creación de pórticos na súa base. Ó atrio accédese a través de dous laterais, mostrando así un criterio moi barroco. A torre divídese en varios corpos, con unha gran balaustrada e pináculos rematados en bolas.

Xa no interior, hai dúas pilas bautismais, a da entrada, de estilo románico e a que está chegando ó altar maior, de estilo gótico. Dirixíndonos cara ó altar maior, observamos dous retablos de estilo barroco, con imaxes de Santa Teresa, o da esquerda, e San Antonio o da dereita.

Compre tamén destacar o fermoso retablo do altar maior, realizado en madeira policromada, formando tres corpos nos que se atopan as imaxes dos santos: San Miguel (patrón da parroquia), San Sebastián e San Xoan Bautista.

Nos laterais do altar maior, en simetría co mesmo, hai dúas imaxes de O artesonado, en madeira policromada, representa imaxes dos apóstolos

Esta igrexa presenta un importante parecido á de San Salvador de Manín (1764), co mesmo sistema de campanario. Esto débese a que ambos templos mandounos construír o mesmo abade, D. Manuel da la Llana.


Galería