Cabalgata Reis Magos 2016

A partires das 16:00 hs. dará comezo a Cabalgata das  Súas Maxestades de Oriente no Concello de Lobios.
 
A saída será desde a Plaza Roxa ata o Pavillón Polideportivo xunto as Piscinas Municipais onde estará o Belén Vivente organizado polo Grupo de Emerxencias de Lobios e a Concellería de Cultura. 
En caso de choiva non haberá desfile, indo directamente ao Pavillón Polideportivo.
 
Ás 17:00 hs. farase entrega dos premios e diplomas do concurso de dibuxos e contos organizado pola Biblioteca Municipal en colaboración coa Concellería de Cultura. Haberá agasallos para todos os participantes en ditos concursos.
 
A partires das 17:45 hs. farase entrega de "CHUCHES" aos nenos/as do Concello de 0-12 anos.
 
A partires das 18:00 hs. CHOCOLATADA para todos/as os/as asistentes, todo ameninado por unha discoteca móvil.
 
NOTA: Aqueles nenos/as que queiran participar no Belén Vivente nas persoaxes de carpinteiro, ferreiro, leñador...poden inscribirse ata o día 4 de xaneiro, chamando a María ao teléfono 988 448000.
Precísanse sobre 8 paxes reais.
Agradecemos a colaboración veciñal xa que sin ela non se poderían levar a cabo estas actividades.

Galería