O PARQUE NATURAL É DE TODOS... É TEU. PROTÉXEO E CONSÉRVAO PARA TI E PARA OS DEMAIS.
Ven ó Parque Natural do Xurés, pero non esquezas que estás nun espacio protexido, onde se establecen medidas de protección e conservación do entorno natural.
A natureza é a túa compañeira, respeta a fauna e flora; non captures animais nin arrinques plantas. Lembra que en ambalas dúas existen especies que están reguladas e protexidas pola lexislación vixente.
O que a Natureza fixo en milenios, non o estragues en unhas horas: non prendas fogueiras no campo, apaga as cabichas dos cigarros e non as botes pola ventá do automóbil. Lembra que os incendios forestais son moi perigosos e ocasionan graves perdas ecolóxicas e económicas.
A auga é fonte de vida, e por iso non debes botar desperdicios nin augas de lavado que contaminen gravemente os cursos de auga e fontes. Leva todo o lixo ata o contenedor máis próximo.
Un paseo polo campo pode resultar unha experiencia maravillosa. Respeta o trazado do sendeiro e pistas; non utilices atallos, sobre todo en zonas sensibles á erosión. Os vehículos a motor son para desprazarse polas estradas. Non debes utilizalos nas pistas, rompendo a paz natural destas serras. Deixa o vehículo nas zonas recomendadas.
Goza do aire libre, pero lembra que a acampada libre non está permitida, porque é un dos motivos principais da contaminación e deterioro do medio natural. En todo caso, consulta na sede do Parque e nos concellos que o forman, sobre os lugares de acampada establecidos.
O sendeirismo brindache unha oportunidade de coñecer estas terras e as súas xentes. Respeta á poboación local e as súas propiedades. O contacto co mundo natural e rural é pleno, polo que os sendeiros deben ser lugares privilexiados para achegarse e disfrutar da natureza. Permite que despois do teu paso os camiños e sendeiros continuen en bo estado, evitando que perdan o seu atractivo.
GRACIAS EN NOME DE TODOS
Galería
O Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés ofrécenos unha gran variedade de alternativas para gozarmos do ocio e do contacto coa natureza. A diversión, o descanso e a interpretación dos seus diversos valores é unha constante en calquera das rutas en calquera das rutas que escollamos, tanto se o viaxeiro opta polos percorridos en automóbil como se decide adentrarse percorrendo a pé os seus camiños e sendeiros. As rutas para percorrer a pé polo Parque Natural, divídense en dous grupos en función da súa localización dentro deste espacio protexido:
Rutas de acceso libre: son todas aquelas que o visitante pode realizar libremente, polas vías e camiños existentes.
- Ruta da Ermida do Xurés.
- Ruta da Mina das Sombras.
- Ruta de Padrendo.
- Ruta do Río Vilameá.
- Ruta da Corga da Fecha.
- Ruta da Cabaniña do Curro.
- Ruta do Río Mao.
E xa fora do término municipal de Lobios:
- Ruta Lantemil - Quintela - Olelas.
- Ruta do Río Agro.
- Ruta Ecuestre.
- Ruta de Queguas.
- Ruta de Padín.
Rutas de acceso restrinxido: Estas rutas atravesan zonas de gran valor ecolóxico do Parque Natural onde o acceso está controlado co propósito de coordinar os programas de conservación da biodiversidade deste espacio protexido e o turismo ambiental. Para a realización destes percorridos, por completo ou parte deles é necesario obter autorización previa da Consellería de Medio Ambiente, solicitándoa na Sede do Parque Natural en Lobios, ou no teléfono 988 44 80 48. Son as seguintes:
- Ruta de A Cela - Pitoês.
E xa fora do término municipal de Lobios:
- Ruta Torrente - Clamadoira - Pitoês.