• HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO:

    Educadora Social: De luns a venres. De 8:30 -   14:30 hs

    Traballadora Social: De luns a mércores. De  8:30 - 14.30 hs.

SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA

Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto de poboación dun ámbito xeográfico determinado, e que ten por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de todos os cidadáns.

Configuran o nivel básico de actuación, que actúa de maneira directa e integral sobre un espazo poboacional e territorial reducido, constituíndo a "porta de entrada" ao sistema.

Ofrecen un servizo de Información público, para toda a poboación desde onde se facilita de forma   profesional e confidencial,  información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición dos cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como en grupo.

Nelas valorásense as necesidades expostas, orientando cara aos recursos máis idóneos en cada caso, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan co fin de garantir unha atención persoal e social de calidade.

PROGRAMAS BÁSICOS DOS SS SS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Os programas básicos de actuación que levan a cabo en atención primaria e que veñen recoller as prestacións básicas do Plan Concertado segundo o Decreto 240/1995 do 28 de xullo, polo que se regulan os Servizos Sociais de Atención Primaria son:

- Programa de Orientación, Asesoramento e Información:
Teñen por obxecto informar os cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, os servizos sociais de atención especializada.

- Programa de Axuda no Fogar:
Normativa:
Orde do 22 de xullo de1996, que desenvolve o programa de axuda no fogar regulado no Decreto 240/1995 do 28 de xullo de Atención Primaria (DOG nº 28 de 03/02/2008) e ordenanzas reguladoras municipais. 

Obxecto:
O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación pero ten como prioridade aqueles/as cidadáns/as que presenten disfuncións ou discapacidades que limiten a súa  autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social ou psicolóxico, prestándolles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionándolles a posibilidade de continuar na súa contorna natural mentres isto sexa posible e conveniente.

- Programa de inserción social:
Obxecto:
Prevención das situacións de marxinación e das súas causas, integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

- Programa de Animación, Cooperación e Prevención Social:
Obxecto:
Facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas con tendencia a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución: fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.

- Programa de convivencia alternativa:
Obxectivo:
Oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situacións de emerxencia social persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista.

CARTEIRA DE SERVIZOS 

AREAS DE INFORMACIÓN.

Recursos e información para maiores:
- Pensión Non Contributiva de Xubilación
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda de aluguer
- Fondo de Asistencia Social ancianidad
- Cheque Asistencial
- Acollemento familiar para a terceira idade
- Termalismo social (IMSERSO)
- Turismo Social
- Estadías temporais en residencias públicas (respiro familiar)
- Apoio Social para familias con maiores dependentes (respiro familiar)
- Coñece o teu país
- Turismo Social para emigrantes
- Xuntos en Nadal
- Programa de vacacións para persoas maiores do IMSERSO
- Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal
- Cartón Dourado de RENFE
- Abono Social de Telefónica

Recursos e Información para Persoas con discapacidade:
- Pensión Non Contributiva de Invalidez
- Complemento de Terceira Persoa
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda de aluguer
- Prestacións derivadas da LISMI
- Axudas Individuais non Periódicas para persoas con minusvalía
- Recoñecemento do grao de minusvalía
- Programa de Acollemento Familiar de persoas con minusvalía
- Programa de Apoio Social para persoas con demencias
- Estadías temporais
- Termalismo social IMSERSO
- Programa de lecer e tempo libre (campamentos de verán)
- Programa de novas tecnoloxías "Acompáñoche"
- Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal
- Cartón de estacionamento
- Axudas individuais para facilitar o acceso á sociedade da información das persoas con discapacidade.
- Prestacións Familiares por Fillo a Cargo da Seguridade Social

Recursos e información para as familias, infancia e mocidade:
- Programa de educación familiar
- Renda activa de inserción
- Prestacións Sanitarias do SERGAS
- Axudas periódicas de prevención e apoio ás familias para a integración do menor
- Título de Familia Numerosa
- Estadías en residencias de tempo libre
- Puntos de Atención á Infancia
- IRPF: Abono mensual anticipado da dedución por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos.
- Axudas por nacemento ou adopción de fillos
- Prestación económica de pago único por fillo menor a cargo
- Bolsas do Ministerio de Educación (convocatorias, solicitudes)
- Prestación familiar por Fillo a Cargo da Seguridade Social
- Axudas para alumnos con necesidades educativas especiais.
- Adopción
- Acollemento familiar
- Apoio ás familias monoparentais
- Medidas de Medio Aberto
- Atención directa a menores: Teléfono do neno Servizo de atención ao menor.

Recursos e información para: 
Emigración e Retorno

- Axudas para gastos extraordinarios de emigrantes.
- Axudas destinadas a atender situacións de extraordinaria necesidade dos españois retornados
- Pensión Asistenciais por ancianidad a favor de emigrantes españois retornados 
- Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados
- Para emigrantes no estranxeiro: Axudas individuais de carácter extraordinario a emigrantes galegos/descendentes residentes en Iberoamérica
- Para traballadores retornados;
 . Subsidio por desemprego para traballadores retornados
 . Axudas para facilitar a integración laboral de retornados
 . Renda Activa de Inserción

Inclusión Social:
- Renda de Integración Social de Galicia (RISGA)
- Emerxencia Social
-Axudas Individuais para tratamento de drogodependentes en Comunidades Terapeúticas.

Para acceder a calquera destes servizos contactar con:
CONCELLO DE LOBIOS - Departamento de Servizos Sociais
Estrada  De Portugal, 27
32870 Lobios  -  Ourense

Teléfono: 988 44 80 00