Destino XURÉS da man de Cali
- DESTINO XURÉS, é un proxecto común dos concellos de Lobios, Lobeira, Muíños e Bande, no que conflúen, a riqueza do patrimonio cultural e natural coas novas tecnoloxías.
- Co fin de promover o desenvolvemento, crease unha aplicación interactiva, con realidade aumentada, imaxes 360º... cunha guía virtual, chamada Cali, que nos ofrecerá un tour informativo.
- Nunha primeira fase, abórdanse algúns dos lugares máis emblemáticos, coma os baños de Riocaldo, Aquis Originis, Aquis Querquennis, O Corgo, o Santuario da Virxe do Viso ou a necrópole de Maus de Salas. Nestes paraxes instaláronse uns paneis informativos, que se complementan coa APP Destino Xurés, dispoñible tanto para smartphone Android e iOS. Iranse aumentando puntos de interese turístico a este proxecto.
- Con esta acción, aplicando as novas tecnoloxías que o visitante demanda, damos un salto de calidade na promoción turística o que redundará no desenvolvemento económico da nosa contorna.
Máis información