Estimado/a internauta:

Esta páxina, que poñemos á vosa disposición, quer ser un medio de comunicación entre o concello e a cidadanía. Pretendemos modernizar a administración local e conseguir unha democracia máis participativa e directa.

Todo elo sería imposible sin a vosa colaboración, a de tódolos veciños, mediante as vosas suxerencias e opinións, pois unha web, igual que a realidade, é sempre algo en permanente mellora e construcción.

Igualmente pretendemos ser unha fiestra aberta para que todo o mundo que o desexe poida descubrir e disfrutar da nosa cultura, da nosa paisaxe, das nosas augas termais, da nosa riqueza gastronómica, e ó mesmo tempo, onde se poidan depositar as vosas propostas e anhelos.

Benvidos.

 

María del Carmen Yáñez Salgado
Alcaldesa-Presidenta do Concello de Lobios

 


Galería