Xornada de portas abertas patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés

 
Estas xornadas organízanse para mostrar parte do traballo realizado ao longo do proxecto "Estudo, análise, diagnose, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés", desenvolvido desde o mes de setembro de 2015 e que finaliza a finais de marzo de 2016, e preténdese tamén que sirva de punto de encontro, debate e diversión sobre o patrimonio local, para o cal haberá desde conferencias e obradoiros, até a proxección do documental creado en base a entrevistas feitas á poboación local como xogos e música tradicional. Péchanse as xornadas o domingo 6 cun pequeno paseo polo patrimonio de Ganceiros (Lobios) e proximidades.
Pola mañá as actividades desenvolveranse na sede do Parque do Xurés (Estr. Portugal, 34 – Lobios, Ourense) e pola tarde no colexio CEIP do Xurés (Rúa Paraño, 31, Lobios, Ourense).

Galería