GEOLODÍA19 (Excursión gratuíta de divulgación da xeoloxía)
Dende o concello de Lobios, achegamos o cartaz de actividade facilitado polo Parque Natural Baixa-Limia Serra do Xurés, referente a celebración do Geolodía ou xornada anual de difusión da xeoloxía a través de excursións gratuítas de divulgación da xeoloxía e máis información sobre a xornada proporcionada polo xeólogo D. Eduardo González Clavijo
A excursión deste ano, vaise celebrar na Serra do Xurés baixo o título “TURISMO XEOLÓXICO NA SERRA DO XURÉS: O GRANITO E AS SÚAS FORMAS”
Os datos da xornada, son:
Data de celebración: Sábado 11 de maio de 2019
Hora: Ás 10:00 h na parada de autobús do Concello de Bande (xunto ao cruce da estrada de Lobeira)
Programa: Unha vez no bus, faremos varias viaxes curtas parando en cinco puntos para observar a xeoloxía da zona. Pararemos unha hora e media (ás 2 da tarde) na cidade de Lobios para que todos poidan comer onde prefiran. Pola tarde continuaremos as visitas xeolóxicas ata as 6:30 ou as 19:00, finalizando a excursión no punto de partida.
Reserva de praza: Para reservar praza no geolodía é necesario mandar un correo á dirección a gealodiaourense2019@gmail.com co nome e apelidos de tódalas persoas que desexen asistir, facilitando un número de teléfono móbil por grupo de inscritos, por se se producen incidencias de última hora.
Información detallada e folleto da excursión en: https://geolodia.es/ediciones/geolodia-2019/ourense-2019/