"Entre mulleres anda o xogo"
- O Concello de Lobios pon en marcha unha campaña de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
- A campaña, denominada "PROTÉXETE PERO NON CALES" está dirixida a toda a poboación do Concello e inclúe a distribución de máscaras reutilizables con esta mensaxe, así como tamén a realización de distintos obradoiros para os máis pequenos e representacións artísticas no centro educativo, como a que terá lugar o próximo día 24 de novembro no CEIP do Xurés, co título "Entre mulleres anda o xogo"
Galería