“Loita contra as doenzas do castiñeiro e outras frondosas autóctonas”

 
  • Por si resultara do teu interese dende o concello de Lobios difundimos a información achegada dende o Centro de Desenvolvemento Agroforestal do Concello de Riós (Ourense), propondo a realización da actividade:

     

     “Loita contra as doenzas do castiñeiro e outras frondosas autóctonas”

     

    Na xornada falarase de :

     

    -Doenzas (Cryphonectria parasítica_Cancro, Phytophthora cinnamomi_Tinta, Armilaria Branca…..)

     
    -Pragas: Insectos que danan o fruto (Dryocosmus Kuriphilus_ Avispilla, Zeucera pyrina, Pammene fasciana, Cydia, Syleborus…..)
    A  duración é de 4 h pola mañá (3h teoría e 1h práctica)

     

    Esta  xornada formativa é gratuíta e está dirixida a :

     

    - Produtores en activo

    - Persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria

    - Desempregados na busca dunha incorporación ao mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario

     

    A actividade realizarase no concello de Lobios sempre e cando se consiga un grupo de 15 alumnos.

     

    Data de celebración: 22 de xuño

    Lugar: Edificio Multiusos

    Hora: 10:00 h

     

    Prazo para anotarse na xornada: Ata o 18 de xuño (achégase instancia en documento adxunto)

     

     

    Para comunicar o seu interese poden porse en contacto coa axente de emprego e desenvolvemento local (Noelia) 988-448-000 Ext. 4 e-mail: noelia.araujo.lobios@eidolocal.es

     

     

    Máis información en:

    Centro de Desenvolvemento Agroforestal

    Camiño da Piscina Municipal, s/n CP-32611. Riós

    Tlf: 988 423007

    e-mail: centroagroforestal@concelloderios.gal


Galería