Cabalgata de Reis en Lobios

Cabaltaga de Reis Magos en Lobios


O venres, 5 de xaneiro, recibiremos a visita dos Reis Magos en Lobios.

  •  As SSMM sairán a cabalo, ás 16:00 h  cara a  Residencia  Virxe do Xurés.
  •  Despois, desfile pola Travesía de Lobios,  se a climatoloxía o permite.
  •  Recepción dos Reis no Pavillón Municipal.

 

  •  ENTREGA DE PREMIOS do XXVI Concurso de Debuxos e Contos Nadal dos nenos/as do CEIP do Xurés e do I Concurso de Debuxos de Usuarios /as da Residencia Virxe do Xurés e da Casa do Maior de Lobios. No Pavillón Municipal.Organizado pola Biblioteca Municipal. Colabora: Educadora Social do Concello.

 

  • FESTA DE REIS, con agasallos e chuches para  cativos/as menores de 12 anos. Chocolatada para todos/as. Pavillón Municipal.

Moi felices Reis para todos !!


Galería