Ruta de pinchos de Outono
Establecementos de Lobios e Entrimo participan na Ruta de Pinchos "Sabores do Xurés". Durante os días 6 e 10 de decembro, poderemos degustar en cada local a súa especialidade de pinchos e tapas, elaborados cos exquisitos produtos da zona e da temporada. O prezo oscilará entre 1,5 € e 2 €.
Sortearase entre os clientes unha estancia para dúas persoas con tratamento termal, no Balneario Caldaria de Lobios.
Organizan: Asociación de Empresarios de Lobios e Asociación Cultural e Etnográfica Xanela de Entrimo
Colaboran: Concello de Lobios e Concello de Entrimo