Punto de información catastral (P.I.C)
O servicio do Punto de Información Catastral (P.I.C.) asume o papel de intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán. Este servicio é gratuito para todos os veciños e veciñas do Concello. Entre os servicios que presta o Punto de Información Catastral están os seguintes:
- Servicio de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servicio de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade.
- Servicio de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ó propio solicitante.
- Calquera outros servicios de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos términos da Resolución que se dicte ó efecto.
No Punto de Información Catastral (P.I.C.) instalado nas oficinas do Concello pode solicitar información protexida, calquer titular provisto do seu D.N.I. en vigor, ou calquer persoa debidamente autorizada polo titular. Se a información é non protexida, pode solicitala calquer persoa.
O horario de atención do P.I.C. do Concello é de 9:00 H a 14:00 H, de luns a venres.
O seguinte enlace é o da Oficina Virtual de Catastro (O.V.C) no que tamén está dispoñible toda esta información a través de internet, para obter información protexida deberás dispoñer de DNI electrónico ou sinatura dixital.