Bando Cans soltos

22/02/2016
                                                                           
                                                                 
BANDO
Ante os problemas que están xerando os cans soltos á cidadanía e co fin de regular algúns aspectos relativos á tenza de cans neste concello, e tendo en conta a Lei 1/1993, de 13 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, o decreto 153/1998 de 2 de abril, a Lei 50/1999, de 23 de decembro, o decreto 90/2002 de 28 de febreiro e o decreto 94/2008 do 30 de abril, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o rexistro galego de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos, recórdase a todos os propietarios ou posuidores de cans, a obrigatoriedade do cumprimento da normativa e expresamente:
 
 A identificación dos animais da especie canina, coa debida garantía, é obrigatoria sen excepcións. Os propietarios criadores ou posuidores de animais terán a obriga de identificar os animais cun microchip nos tres primeiros meses de vida ou nun mes dende a súa adquisición
 A implantación no animal do código establecido (microchip) será efectuada por un veterinario/a nomeado veterinario/a actuante pola Consellería de Medio Ambiente no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compaña y Animais Potencialmente Perigosos
 A tenza de un can de raza Potencialmente Perigosa requirirá a obtención previa dunha licencia administrativa outorgada polo Concello, nos termos previstos no artigo 3 da lei 50/1999 do 23 de decembro.
 Os cans  incluídos dentro das razas Potencialmente Perigosas terán que circular, nas vias públicas e nos lugares e espacios de uso público en xeral, atados con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a dous metros, provistos do correspondente buceiro homologado e axeitado para a súa raza, e en ningún caso poderán ser conducidos por un menor de dezaseis anos
 O pasaporte será obrigatorio para todos os animais de especie canina que permanezan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, calquera que sexa o lugar de residencia das persoas propietarias ou posuidoras deles
 Adoptar as medidas necesarias para que o animal non poida acceder libremente ás vías e espazos públicos ou privados, así como impedir o seu libre acceso a persoas, animais ou cousas que se achen neles.No caso de que o can sexa un animal potencialmente perigoso, o Artigo 12º do decreto 90/2002 enumera as medidas de seguridade mínimas esixidas as instalacións destinadas a albergalos.
 A adoptar as medidas necesarias para impedir que ensucien as vías e espazos públicos de zonas urbanas, debendo recoller os excrementos que os animais depositen nas beirarrúas, vías e espazos públicos, fóra dos lugares acoutados ao efecto
 Os posuidores de animais que se atopen en liberdade en leiras ou recintos deberán dispoñer os medios adecuados para evitar que poidan ocasionar danos ou molestias aos viandantes. Así mesmo procurarán que a circulación e transporte dos seus animais pola vía pública lévese a cabo coas adecuadas medidas de protección
Do cumprimento do sinalado anteriormente, o posuidor dun animal, sen prexuízo da responsabilidade civil subsidiaria do propietario, será responsable dos danos, prexuízos e molestias que ocasione ás persoas, animais, cousas, espazos públicos ou ao medio natural en xeral, de acordo co establecido no artigo 1905 do Código Civil
Lobios,  22 de febreiro de 2016
A Alcaldesa
 
Asdo: Maria del Carmen Yáñez Salgado

Galería