Bando INICIATIVA XOVE
-
Qué é Iniciativa Xove?
É un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.
Quen pode solicitar estas axudas?
- Os grupos informais de mozos e mozas que queirades desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que reunades os requisitos indicados na orde da convocatoria. O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberedes de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
-As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que esteades inscritas no censo oficial da dirección xeral.
Como se poden solicitar?
-Cubrir e entregar o anexo I, e engadir a documentación necesaria que se indica na orde (artigo 8).
-Presentar a documentación preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: https://sede.xunta.es co procedemento BS306B. Alternativamente, tamén se poderá entregar en papel nun rexistro oficial ou correos.-O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. ATA O DIA 4 DE ABRIL.
Onde podo informarme?
Na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es. Ou no Concello, xunto a educadora social do Concello (Maria).
Lobios, 8 de Marzo do 2016.
A Alcaldesa.