Bando VACINACIÓN CONTRA A GRIPE ESTACIONAL

25/10/2018

Ante a dispersión xeográfica e a dificultade de desprazamentos dalgúns veciños da nosa contorna, o Concello de Lobios, xunto co persoal sanitario da área, habilitan un servizo itinerante, co obxecto de facilitar, preto do seu domicilio, a vacinación, contra a gripe estacional, a quen o precise.

No bando que se achega, indícanse os lugares, datas e hora no que terán lugar as vacinacións, que se realizarán entre o último de outubro e a primeira quincena de novembro, adiantándonos á época de maior incidencia da gripe.

É preciso que os usuarios deste servizo se acheguen coa súa tarxeta sanitaria.

No caso dalgún paciente que teña imposibilidade de desprazamento e requira a vacina, pode informalo no servizo médico ou nos servizos sociais do concello.

Dende o Concello de Lobios, queremos aproveitar para agradecer a motivación e implicación, a todos os que fan posible que este servizo de vacinacións se leve a cabo: Equipo sanitario (médicos/as, enfermeiros/as...), GES de Lobios ( que se encargarán dos desprazamentos do persoal sanitario), persoal do concello e a todos os que colaboran nunha ou noutra medida neste servizo. Moitas grazas!.