Bando Forestal

30/12/2015

​B A N D O

Atendendo a Lei 3/2007, de 9 de abril de incendios forestais na que se sinala que compete aos concellos e outras entidades locais a adopción de medidas de prevención de incendios forestais, este concello abre un período de participación cidadá de UN MES , para que nos indiquen lugares e zonas para rozar.

 

As zonas a rozar deben cumprir algunha das seguintes características:

  • Vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal.
  • Camiños reais e históricos
  • Superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou desfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
  • Superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición.
  • Zonas de servidume de camiños e valgadas dentro das zonas de xestión de biomasa.

Pregamos que toda persoa interesada na roza dalgún lugar que cumpra as características anteriores o comunique ao concello antes do 24 de xaneiro, mediante instancia acompañada dun plano, onde sinale entre outros puntos: lugar, nome do camiño, lugares que comunica, superficie, polígono...

Unha vez recibidas as instancias e por orde de entrada, analizaranse cada unha delas e programarase a roza das mesmas.

Lembramos que en aplicación da citada Lei 3/2007 da Xunta de Galicia de Prevención e Defensa contra incendios fotestais, os terreos situados nos núcleos rurais deben estar libres de maleza e aquelas fincas que están fora do núcleo e teñan algún tipo de edificación, deben ter como mínimo unha franxa duns 10 metros rozada ao carón da edificación.

 

Lobios, 24 de decembro de 2015

A Alcaldesa

Asdo.: Maria del Carmen Yáñez Salgado