A Casa Niño de Lobios en funcionamento
- Co nome "Os paxariños do Xurés", arranca a funcionar a nova Casa Niño de Lobios, que xa presta unha coidadosa atención aos nenos de 0 a 3 anos do noso concello.
- No día de onte, a nosa alcaldesa Mari Carmen Yañez, acompañou a nunha visita á Casa Niño, á Directora Xeral de Familia e Infancia, Amparo González Mëndez, e á Delegada Derritorial de la Xunta, Marisol Díaz Mouteira, quens destacaron, que este programa da Consellería de Política Social, permite a conciliación familiar e laboral, en concellos con pouca poboación.
.A casa niño é o resultado dunha grande aposta deste Concello, que traballou arreo ao carón da Consellería de Política Social, para solventar as dificultades de conciliación que teñen as familias do rural.
A casa niño, deu vida tamén, á antiga casa do médico, moito tempo en desuso, que conta xa con dez cativos, repartidos en dous turnos de mañá e tarde, onde gozan dunhas instalacións perfectamente habilitadas e confortables.